Inicio
 
 
www.pescasub.com
Inicio
Noticias Campeonatos
Noticias Equipamiento
Noticias Tiempo Libre
Foro
Entrevistas

dsc05030.jpg

André Dominguez

p3180207.jpg

Antonio Linares

Encuestas
¿Cómo crees que tu pesca afecta al mar?
 
¿Quién está en línea?
Hay 9 invitados y 59 usuarios en línea
Acceso
Bienvenido(a), Visitante. Favor de ingresar o registrarse.
20 de Noviembre de 2008, 05:05:22
Usuario: Contraseña:
Ingresar con nombre de usuario, contraseña y duración de la sesión

¿Olvidaste tu contraseña?
NUEVOS VIDEOS PESCASUB CON KEREJETA

Joseba Kerejeta es un incansable viajero que aprovecha su vida al máximo. Estos días ha publicado unas cortas imagenes en vídeo de algunos de sus viajes.

Os proponemos este vídeo en el que se funden las imagenes del sur del Mar Rojo en Eritrea, un país muy pobre de Africa, con la vida sencilla durmiendo en la playa junto al mar y cocinando las propias capturas.

Disfrutemos y quizás replanteemos algunas de nuestras prioridades para nuestro próximo viaje de pesca.

Mas videos y comentarios en el foro foto y videosub.


 

Pesca submarina con Kerejeta
   
Entrevista a la consejera de pesca de Galicia
lunes, 24 de diciembre de 2007

Carmen Gallego opina que es "totalmente criticable que existan personas que apoyen la pesca con dinamita". Opina también que todavia "hay mucho que hacer" en el ámbito de la concienciación social sobre los problemas de la pesca.

Dado que "tenían un arsenal en sus propiedades" considera adecuada y conforme a la ley la suspensión cautelar del permiso de pesca de los barcos en espera de juicio para "evitar que sigan haciando actividades ilícitas

Respecto a los marineros sin trabajo "nadie ha quedado pidiendo por las calles", tienen el paro y se les esta buscando trabajo en otros barcos. 

 

Entrevista original en Gallego : 
 
A loita contra os explosivos na pesca aínda ten moito por facer, pero neste e noutros problemas o sector ten que colaborar con forza, segundo a conselleira

Acaba de vivir a noite de repartición de cotas en Bruxelas, en contacto vía telefónica coa ministra de pesca ata case a mañá, pero o resultado é satisfactorio para Carmen Gallego. Con todo ese éxito non pode deixar ao carón outros problemas que sofre a actividade da pesca na comunidade.

-A detención de tres persoas en Camariñas por presunto emprego de dinamita para a pesca levantou na localidade certa polémica e o sentimento de que se castigou con excesiva severidade.

-Para nós como Administración, o uso de explosivos para a pesca é claramente condenable e irresponsable. É un delito penado e prexudica ao resto de pescadores que non o practican. No ano 2005 nós empezamos a traballar cos corpos de seguridade na erradicación de esa práctica, aínda que é moi difícil conquerir resultados.

-¿É lexítimo quitarlle as licencias aos buques, como fixo a Consellería de Pesca, sen condena xudicial?

-Tiñan un arsenal na súa propiedade. Por unha parte actúa o sistema xudicial no proceso penal, pero tamén actuouse desde Pesca cun procedemento administrativo regrado. O procedemento non avanza ata a resolución xudicial, pero a suspensión cautelar adoptouse para evitar que sigan cometendo prácticas ilícitas.

-Pero a decisión da Xunta supuxo deixar en terra e sen traballo a moitas familias.

-Estamos en contacto coa Federación de Cofrarías para que recoloque a todos os mariñeiros. A preocupación laboral está sendo tratada. Ademais eles teñen prestación por desemprego. Ninguén quedou na rúa pedindo. Os danos colaterais serían maiores se estiveran os barcos faenando.

-Na rúa hai gran apoio popular aos encausados. Incluso de sectores políticos.

-É absolutamente criticable que haxa quen apoie que esa práctica sexa considerada como algo normal.

-O caso de Camariñas, ¿non buscou ser exemplarizante?

-En absoluto. Foi unha actuación normal conforme á lei.

-En Bruxelas acábanse de aprobar as cotas de pesca para o próximo ano. ¿Como valoran o resultado?

-Satisfai as expectativas que nos marcamos como Goberno de Galicia, porque mantéñense os niveis do actual 2007 e porque outras cuestións importantes coma a do plan de recuperación da pescada do sur e a cigala de augas ibéricas contemplaba unha redución dos días da actividade, acordouse unha solución de compromiso e pódese garantir á flota que no ano 2008 van ter os mesmos días de actividade que no 2007.

-¿Como é posible que se chegue ao mesmo día da negociación cunha oposición frontal entre a flota da anchoa e o ministerio que o representa?

-Hai que separar quen está no Goberno e quen non está no Goberno. Pódese escoitar aos sectores, pero logo as decisións políticas tómanas os Gobernos. Se levamos tres anos con esta cuestión da anchoa e vimos que todos os esforzos feitos ata agora non dan resultado, o de sentido común é que os Gobernos, como principio de precaución, decidan que non se pesca ata que non se teñan eses novos informes científicos sobre como están os recursos. Porque outras decisións que adoptamos no pasado, propostas polo sector, non deron resultado. O sector ten que ser coherente e se estaba pedindo o ano pasado TAC 0 non pode vir agora a pedir outra cousa.

-Os plans acuícolas da Xunta contan cunha amplia contestación na rúa. Parece claro que aos veciños que terán piscifactorías cerca non lles gusta.

-Aos veciños convén explicarlles varias cuestións. As súas alegacións serán respostadas unha por unha. As novas plantas supoñen un cambio de concepto de uso de chan público. As expropiacións terán un prezo mínimo de 5 euros. Podemos lembrar o euro por metro cadrado de antes e xa vemos a diferenza. Os terreos expropiados serán sometidos a unha concesión pública. As empresas que os obteñan por concorrencia, pasados os anos, os voltarán á Administración. Entendo que pode haber cidadáns aos que non lles guste que haxa plantas de acuicultura, pero estou convencida de que desenvolver o sector para Galicia é moi positivo. O plan ao máximo rendemento non só creará 2022 empregos, é que o mundo da acuicultura ten detrás unha parte moi importante para nós que nos permite afianzarnos como país e que ten que ver coa investigación. A investigación xenera unhas dinámicas de coñecemento que tamén nos fan ser punteiros e que nos piden exportar ese coñecemento.

-Un problema grave polo que atravesa o marisqueo galego é a cualificación como zonas C de boa parte dos bancos. ¿Que solucións hai?

-Atopámonos nunha situación lamentable en canto ao saneamento das rías, produto do incumprimento reiterado das directivas comunitarias. A depuración que tiña que estar feita non o estaba. Nós triplicamos os puntos de mostraxe para facer unha radiografía máis exacta dos focos de contaminación. As bateas estaban ben localizadas, pero no marisqueo fíxose dunha maneira máis laxa. Fixemos máis mostraxes que reduciron a zona C para deixar o resto en B.

-¿Para cando un mapa de Galicia sen zonas C?

-Excepto Vigo, que estará no 2011, e se algún concello deixa de obstaculizar, para o fin de lexislatura teremos unha moito mellor situación de calidade das augas de Galicia.

-Outro problema aféctalle aos portos pequenos: os produtores prefiren non vender nas lonxas locais e deixando esmorecer os portos. ¿Hai solucións desde Pesca?

-Algunhas cousas é lóxico que sucedan, vaise tender á concentración da oferta porque así acádase un razoable nivel de prezos. Dalgún xeito o estamos promovendo cos mariscadores e mariscadoras da ría de Vigo. Atoparon unha solución conxunta, neste caso na lonxa de Vigo: hai un censo de 2.300 ou máis comercializadores. Está a suceder e é inexorable e lóxico que os produtores busquen o mellor mercado para os seus produtos. Por outro lado a consellería apostou por modificar as regras do xogo da comercialización. Só Galicia tiña subhasta á baixa e o eliminamos para que os produtores teñan máis sistemas para incidir no prezo. Hai que empezar a facela porque existe unha variación brutal entre o prezo de orixe e o prezo final nos produtos da pesca, e de aí veñen moitos dos problemas do sector. E aí reclamo tamén a colaboración do sector. Ten que empezar a buscar fórmulas e acordos para xenerar máis valor engadido. Ademais, a pesca é un sector económico e os implicados teñen que empezar a pensar que forman parte da economía deste país, non de subsistencia, senón da economía.
 
La Voz de Galicia 
 
< Anterior   Siguiente >


Advertisement